Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz organiza unha excursión á Feira do Aceite de Quiroga para o día 8 de maio

Cartel excursión do Concello de Foz á Festa do Aceite de Quiroga 2016Foz, 26 de abril de 2016.- O Concello de Foz, a través da Concellería de Medio Rural, organiza unha excursión á Feira do Aceite de Quiroga para o día 8 de maio, domingo.

O prezo para participar é de 25 euros e inclúe comida na feira, visitas a partir das 17 horas ao Museo Etnográfico de Quiroga e ao Museo Xeolóxico Municipal.

Os interesados e interesadas poden anotarse na Delegación de Cultura do Concello de Foz, que está na Casa do Concello, ou chamando ao teléfono 982.140.027. O número de asento será por orde de inscrición.

Exit mobile version