Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Mondoñedo homenaxea ás irmáns atletas Ainara e Iria Rodríguez Ares

As dúas irmáns, Ainara e Iria Rodríguez Ares, que conquistaron varios campionatos galegos de atletismo, recibían este sábado 23 de abril unha homenaxe do Concello de Mondoñedo.

A alcaldesa, Elena Candia, explica que se trata dun “humilde recoñecemento ao esforzo, á constancia e aos éxitos deportivos” destas dúas irmáns que, confírmanse proba tras proba como o futuro do atletismo galego, “un feito do que nos sentimos moi orgullosos dende Mondoñedo”. A rexedora di que é “un acto que nos ilusiona, porque estamos ante un reflexo do noso futuro”.

Entre os trofeos que figuran na vitrina de Ainara Rodríguez, atópanse o de campioa comarcal e provincial de campo a través, campioa provincial de 60 m.l. e de 500 metros; así tamén obtivo a medalla de ouro no campionato galego de 60 m.l. en pista cuberta e no de 500 m.l. en pista cuberta; ademais de facerse co metal de bronce en milla en ruta. Unha das mellores embaixadoras das Escolas deportivas con 21 triunfos en carreiras populares no 2015.

A súa irma Iria é, na súa categoría de benxamín, campioa comarcal e provincial de campo a través; tamén quedou primeira no campionato equivalente ao campionato galego de campo a través na súa categoría celebrado en Friol; ao que se lle suma o subcampionato provincial de 50 m.l. en pista cuberta e o campionato provincial e galego de 1000 m. en pista cuberta. En Sada obtivo a medalla de ouro en milla en ruta.

Exit mobile version