Site icon Crónica3.com A Mariña

“O eco do poeta. Manuel María”, por Solo Voces en Ribadeo

solo-vocesO ano 2016 ten unha significación literaria evidente con Manuel María como figura central. Así pois, ao longo do ano iranse desenvolvendo en Ribadeo diferentes actividades e concertos arredor do autor chairego que comezan este sábado 9 de abril coa actuación do conxunto vocal lugués, Solo Voces. Poesía e música combínanse intimamente neste concerto cargado de lirismo. “O eco do poeta. Manuel María” supón a chegada aos nosos ouvidos da poética do autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano a través das composicións de Eli G. Bouso, quen recrea as paisaxes adoradas por Manuel. O espectáculo coral terá lugar no Auditorio Municipal cun prezo de entrada de 3 euros.

Exit mobile version