Site icon Crónica3.com A Mariña

O éxito do teatro ribadense chegará ao resto da provincia

teatro-ribadeoO Grupo de Teatro de Ribadeo quere mostrar publicamente o seu fondo e agarimoso agradecemento a todas aquelas persoas que acudiron o pasado domingo á estrea da nosa montaxe e adaptación de O Inspector, de Nikolái Gógol, así como a todas aquelas que lles deron con posterioridade os seus parabéns. Lamentamos que outras non puideran acceder ó espectáculo por estaren ocupadas todas as prazas de asento. Razóns de seguridade impiden asistir ó mesmo de pé, ocupando corredores. Entre os nosos proxectos está facer unha nova representación no Teatro no vindeiro mes de agosto e agardamos que esa vez poidan gozar da mesma.

É propósito do Grupo entreter, divertir e, por suposto, facer pensar e reflexionar ó público. De aí a elección desta obra. A resposta das persoas que acudiron e nos felicitaron motívanos e anímanos a seguir adiante co noso traballo a prol do teatro en Ribadeo.

O Grupo inicia agora unha xira de representacións que o vai levar nos vindeiros meses a Celeiro de Mariñaos, As Negradas, Barreiros e O Vicedo, as tres últimas dentro do Proxecto Buxiganga, que promove e organiza a Área de Cultura da Deputación de Lugo en colaboración cos Concellos e Asociacións da provincia.

Exit mobile version