Site icon Crónica3.com A Mariña

O Frutas Jose Viveiro FSF acadou un importante e pelexado trunfo na cancha do EDM Guitiriz

Viveiro, 26 de abril de 2016.- O Frutas Jose Viveiro FSF acadou un importante e pelexado trunfo na cancha do EDM Guitiriz o cal lle permite seguir dependedo de si para clasificarse para as semifinais de copa.

Polo Frutas Jose xogaron.: Laura, Mery, Nerea, María Balsa e Rosana. Tamén xogaron.: Bea, Andrea e Patricia

Os dous tantos do Frutas Jose foron acadados por Mery.

O partido comezou con claro dominio do Frutas Jose ante un rival esperando a media cancha e que so intentaba levar perigo diante da meta de Laura en forma de rápidas contras e cun xogo moi directo e de pouca elabaoracion.
Froito deste dominio foron as claras ocasións que as viveirenses dispuxeron diante da meta local, e que mediada a primeira metade deron como resultado o primeiro tanto obra de Mery ao rematar unha moi boa xogada de equipo.
Poucos minutos despois unha clara man dunha xogadora local dentro da área foi sancionada con penalti e expulsión, e o que parecía ser o momento de deixar case finiquitado o partido converteuse en todo o contrario, xa que o penalti foi detido pola porteira local e a rápida contra das chairegas singnificou o empate a un tanto, o que fixo moito dano na moral das xogadoras viveirenses.

A segunda trocou ese xogo de control das xogadoras do Frutas Jose por un xogo con mais gañas que cabeza e un querer finiquitar o partido pola vía rápido ante un Guitiriz que subía as súas liñas de presión e chegaba con certo perigo diante da porta de Laura, convertindo o partido nun correrúas, con ocasións para unhas e outras e que finalmente decantou Mery para o Viveiro co seu segundo gol a poucos minutos do final do partido.

Exit mobile version