Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo de sendeirismo da ACD Xove comeza a súa tempada no “Camiño de San Rosendo”

OLYMPUS DIGITAL CAMERAXove, 5 de abril de 2016.- Este domingo pasado día 3 de Abril, o Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, deu comezo a sua tempada de Rutas.

Esta primeira Ruta foi na comarca de A Mariña, pois fixeron parte do “Camiño de San Rosendo”, con saída en Celeiro de Mariñaos (Barreiros) e chegada a Lourenzá. O Grupo segueo a senda polo Rio Masma, ata a Cazolga e logo a senda do Rio Baos, ata Lourenzá, con un total de 14 km. Participaron 56 camiñantes do Grupo.

A próxima Ruta, sera pola comarca Ferrolán, o domingo 24 de Abril, para facer a Ruta do Rio Belelle, con saída en e chegada na Igrexa de Santa Maria de Neda. Espectacular ruta visitando as Fervenzas do Rio Belelle.

Exit mobile version