Site icon Crónica3.com A Mariña

O IES Monte Castelo de Burela visita o Parlamento

Alumnado do instituto público de ensino secundario MONTE CASTELO de Burela visitou este venres 15 de abril o Parlamento de Galicia onde foron recibidos polo secretario da Cámara, o tamén mariñán Jose Manuel Balseiro. Este centro participará tamén este sábado no concurso organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado “Parlamento Xove”.

O acto tamén asistiu un ex-alumno deste centro e actual xefe de gabinete da Consellería do Mar, Antonio Basanta Fernández.

O alumnado puido coñecer de primeira man o funcionamento da Cámara, reunida en Comisión de Agricultura e Montes e visitou estancias tan representativas como o Salón de Plenos e a Sala dos Reis, onde toman posesión oficial do seu cargo todos cargos institucionais nomeados polo Parlamento, entre eles, o Presidente da Xunta de Galicia.

Exit mobile version