O alumnado de bacharelato da materia de Literatura Universal situouse comodamente nos sofás do rincón da lectura, na biblioteca do instituto, e dispúxose para a tertulia literaria coa autora da obra, que se prestou a participar activamente respondendo cuestións referentes ao proceso de escrita, ao desenvolvemento da trama, ao estilo e mesmo ás condicións de edición.
Patricia C. Beltrán (San Cibrao; 1980) é licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense. Finalizados os seus estudos académicos, complementou a formación en Boston (USA) e máis tarde dedicouse profesionalmente á comunicación xornalística. No campo da creación audiovisual, é directora da curtametraxe Lucía devorando a sus hijos, protagonizada por Manuel Feijóo.
El fiel reflejo de la nada, unha historia protagonizada por Valentina -unha moza salvadoreña, estudante de Dereito-, que chega a Madrid para completar estudos e vivir “o soño europeo”, será presentado por primeira vez nun acto público na Casa da Cultura de San Cibrao, ás 6 da tarde do próximo sábado, día 16 de abril.
Máis información: https://www.facebook.com/El-fiel-reflejo-de-la-nada-468801459977375/