Site icon Crónica3.com A Mariña

O obradoiro de teatro infantil de Burela representará “O mago de Oz” nas Festas Patronais

13029555_900592836706623_6393220787529307055_oBurela, 18 de abril de 2016.- O obradoiro de teatro para nenas e nenos de entre 3 e 6 anos que está a ter lugar en Burela desde o pasado 7 de marzo, culminará na representación dunha adaptación da coñecida obra “O mago de Oz” axeitada ás idades dos 15 pequenos actores e actrices que participan na iniciativa, como parte dos actos das Festas Patronais burelesas.

“O mago de Oz”, versionada e dirixida por Matías Nicieza, quen xunto a Xeila Villarino imparte este obradoiro, será unha das tres representacións do Día do Teatro Afeccionado dentro do programa das festas, a celebrarse o luns 30 de maio a partir das 6 da tarde, e no que as pequenas estrelas de “O mago de Oz” compartirán cartel coa Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, que representarán “A marabillosa mente de Alicia”, e coa Fundación Eu Son, que porán en escena “Morte dun caniche”.

O obradoiro de teatro infantil é unha iniciativa da Delegación de Cultura do Concello de Burela. O concelleiro responsable da mesma, Jose Díaz, acudiu na tarde deste luns a visitar o ensaio semanal e comprobar como se desenvolven os pequenos artistas enriba do escenario.

Exit mobile version