Site icon Crónica3.com A Mariña

O Partido Popular viveirense pide mediante moción a colocación de barreiras bionda na variante de Viveiro

Viveiro, 1 de abril de 2016.- O voceiro do Partido Popular de Viveiro, abaixo asinante, en nome propio e no do grupo municipal do PP, presenta ó Pleno, para o seu debate e aprobación se procede, a seguinte moción para a colocación de barreiras bionda na variante de Viveiro.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O PP de Viveiro lévase interesado pola seguridade vial en innumerables ocasións, tal e como demostra o feito de que presentaramos unha moción en outubro de 2014 – que foi aprobada por unanimidade – relativa ó estudio e mellora da mesma. Como consecuencia desta moción propúxose elaborar un informe da Policía local ó respecto, crear unha comisión que estudiara este tema e consultar coa COTOP posibles solucións. O noso grupo volveu a demandar o cumprimento deste acordo a través dun rogo no pleno de maio de 2015 e reiterouno a través dunhas preguntas no pasado pleno de xaneiro de 2016.

O certo é que a día de hoxe nada se ten feito, a pesares de que todos podemos comprobar determinadas zonas do noso concello donde existen riscos potenciais considerables. Un destes lugares é sin dúbida a variante de Viveiro, onde teñen acontecido algunhas saídas de vía – a máis reciente do 22 de novembro de 2015 -, onde afortunadamente só tivemos que lamentar perdas materiais – de feito as balaustradas derribadas seguen sin colocar -. O feito de que o tramo por onde discurre o paseo para os peóns este, nalgúns puntos, nun plano inferior ó da estrada, propicia que o perigo sexa máis que evidente como consecuencia de que os turismos se precipitan ó mencionado paseo. Neste sentido son moitos os veciños que habitualmente pasean por esta zona os que nos teñen trasladado a súa preocupación ante este feito.

Postos en contacto con responsables da COTOP, estes nos confirmaron que tecnicamente se poderían adoptar medidas de protección nos puntos máis conflictivos da variante – principalmente nas zonas onde o paseo discurre nun plano inferior ó da estrada – .Dende o grupo Popular pensamos que sería axeitado para garantizar a seguridade de peóns e conductores a colocación nestes puntos de barreiras bionda.

Por este motivo propoño ó pleno da Corporación a aprobación do seguinte ACORDO:

1 – Instar á Sra. Alcaldesa para que solicite á COTOP a colocación destas barreiras bionda, naqueles puntos da variante de Viveiro nos que así o determinen os técnicos deste organismo.

Exit mobile version