1º) Na Avenida de Lurdes dentro do casco histórico da nosa cidade, entre as vivendas nº 22 e 36 observamos a falta dunha farola de alumeado público. Seguramente estaba situada no nº 34 (dita vivenda foi derruida fai tempo) motivo polo que se nota a falta de alumeado. Por este motivo ROGAMOS ó equipo de goberno que se coloque unha farola entre as vivendas antes mencionadas para solucionar a falta de alumeado nesta zona.
2º ) Na parroquia de Covas, concretamente na rúa Pedregal nº 18, hai unha farola que leva meses sen funcionar, o que provoca o escurecemento total desta zona en canto anoitece, cos conseguintes riscos que esta situación pode provocar. Por esta razón lle ROGAMOS ó equipo de goberno que solucione á maior brevidade posible esta falta total de iluminación na zona antes mencionada.
3º) No antiguo mercado gandeiro (antiga Feira) situado no barrio de Verxeles, recinto de propiedade municipal, ocupado na actualidade pola empresa concesionaria de limpeza Cespa, cedido a dita empresa de limpeza de maneira provisional á espera de que esta construia a tan esperada nave, podemos observar no mesmo a presencia de abundante maleza e silvas, así como un aspecto pouco ordenado o que provoca un aspecto de abandono que non é digno do lugar en que está situado, lugar de abundante tránsito polas instalacións que se encontran na súa contorna.
Por este motivo lle ROGAMOS o equipo de goberno local que inste a quen corresponda a súa limpeza, cortando a maleza e adecentando o seu aspecto.
Así mesmo tamén lle ROGARÍAMOS o equipo de goberno, que comunicase a quen competa, o traslado dos colectores almacenados no estadio deportivo do Cembedo (lugar que non resulta moi apropiado ) a este recinto do antiguo mercado gandeiro.