Site icon Crónica3.com A Mariña

O presidente de Apaga participa en Croacia na xuntanza do programa formativo ‘Networking on Mobility and Innovation in Vocacional Training’

Ribadeo, 8 de abril de 2016. O presidente de Apaga, Álvaro Doural, asiste entre este venres e este sábado en Zagreb (Croacia) á xuntanza do programa Networking on mobility and innovation in vocacional training, do que forma parte Apaga. Trátase dun proxecto de asociación estratéxica con socios de Polonia, Italia, República Checa, Croacia e Estonia.

A ese encontro acoden 1 profesor do centro Kuressaare, de Estonia; 2 profesores do centro Zespol Samochodowych, de Varsovia (Polonia); 5 mestres de Elektrosjarska Obrtnick, de Croacia; 3 profesores da Stredni Skola de Olomoc (República Checa); 2 representantes de Autoriparazione Multicar, de Italia; e 1 profesor de Apaga.

Por outra parte, Apaga que participa tamén no proxecto Coñecemento e Innovación na FP viaxará nas vindeiras semanas a diversos países europeos, a de Estonia, do 10 ao 16 deste mes; á República Checa, 12 ao 29; a Croacia, do 17 ao 24; a Portugal, do 18 ao 24; e por último a de Italia, do 24 de abril ao 1 de maio.

A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia tamén realiza fins de semana tecnolóxicos en Ribadeo; está a elaborar unha guía turística da Mariña para distribuír nos países que visita, a través de todas as actividades formativas nas que participa; e prepara o V Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que se celebrará os días 31 de agosto e 1 e 2 de setembro.

Exit mobile version