Riotorto (Lugo), 8 de marzo de 2016.- A agrupación socialista de Riotorto valorou este venres “moi positivamente o compromiso do Presidente da Deputación de Lugo, Dario Campos, co impulso e co compromiso do ente provincial coa X Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto”, que se celebrará o vindeiro 17 de abril.
Os socialistas din que esta Feira “é un autentico revulsivo para a Comarca”, e sinalan que cos “20.000 euros que aporta a Deputación de Lugo, é unha auténtica mostra do compromiso de Campos cos veciños de Riotorto”.
A agrupación socialista sinala que a celebración deste evento é fundamental para o desenrolo económico, etnográfico e cultural da zona. Tamén agradecen as demais institucións que colaboran neste evento, e subliñan o traballo realizado ata de agora “pola Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto, xa que son os verdadeiros promotores de darlle pulo e recoñecemento ó oficio do ferro en Riotorto”.