Site icon Crónica3.com A Mariña

O Ribadeo FC suma ante o Arousa (3-2)

O mal estado do Pepe Barrera volve protagonizar un encontro para o Ribadeo como local. É que contribuiría ás lesións de varios xogadores. Con todo, a fortuna xoguou do lado dos locais ante o Arousa que lograra adiantarse no marcador ata en dúas ocasións.

Os visitantes marcaban o primeiro gol no minuto 3, pero tamén os celestes apretaron e Rafa Casanova lograba o empate mediada a primeira metade. Sylla, autor do gol anterior, volvía marcar para os de Piscis antes do descanso.

Así, á volta de vestiarios, o Ribadeo atopábase por debaixo no marcador, pero un gol en propia meta de Óscar permitíalles empatar o encontro que, posteriormente, gañarían grazas a un gol de Iván González xa no tempo de desconto.

Con estes 3 puntos, o Ribadeo chega aos 34 e sitúase a 5 da zona de salvación a falta de 3 xornadas por disputar. A vindeira fin de semana recibe ao Rápido de Bouzas.

Exit mobile version