A Xuntanza da xente de Celeiro tivo lugar, coma é de costume, no Restaurante Louzao de Area, contando cun aforo de 118 chilindrís que degustaron o riquísimo menú elaborado polo restaurante. A cea completouse cun baile que se prolongou ata ben entrada a madrugada.
A organización agradece a participación de todos e o bo trato que sempre lles brinda o Restaurante Louzao-Area.