Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas demandan a limpeza da canle do río Eo, na Ría de Abres, para evitar inundacións

foto psoe en TRABADA-PROPOSICION RIO EOTrabada, 15 de abril de 2016.- A Deputada luguesa do PSdeG-PSOE, Margarita Pérez Herraiz, a Alcadesa de Trabada, Mayra García e o Alcalde de Vegadeo, Cesar Álvarez presentaron este venres unha proposición parlamentaria na que instan ao executivo central que reclamen á Confederación Hidrográfica do Cantábrico a limpeza da canle do río Eo no entorno da Ria de Abres, en Trabada e en Abres, Vegadeo.

Pérez Herraiz sinala que nesta zona do río hai un gran acumulación de materiais depositados pola auga que impiden o seu curso regular. Advirte que a día de hoxe estes restos favorecen problemas de sedimentación, o que conleva que existan zonas inundables, incluso en parcelas que están habitadas.

A Alcaldesa de Trabada, Mayra García demandou que de xeito urxente se repare a canle “xa que ocasiona problemas de inundacións tanto aos veciños de Trabada como aos de Vegadeo”.Lembrou ademais que xa reclamaron as administracións a necesidade de sanear o entorno do río e piden que se retiren varios árbores xunto a unha zona denominada o Fornacho.

O Alcalde de Vegadeo, Cesar Álvarez, asegurou que os veciños están sufrindo constantemente os problemas de inundación cada vez que hai unha crecida “pola mala limpeza do canle, e pola deixadez e o abandono da administración ante un dos recursos naturais mais importantes desta comarca de Galicia e de Asturias”.

Exit mobile version