Os socialistas, anunciaron que rexistraron esta iniciativa, tras manter unha xuntanza de traballo co Sindicato Unificado de Policía (SUP), na que lle demandaban máis efectivos.
Advirten que a Dirección Xeral da Policía dotou a outras provincias con unidades para asumir novas cargas de traballo, pero denuncian que “Lugo é a única provincia de Galicia que non só non conta coa Unidade de Prevención e Reacción, senón que tampouco incrementou os seus efectivos”, o que conleva carencias efectivas na seguridade dos cidadáns.
Pérez Herraiz explica na proposta que coa entrada en vigor da instrución 8/2009 da Secretaria de Estado de Seguridade, sobre Conducións e Custodias de Internos de Centros Penitenciarios, asígnanse novas competencias ás comisarias na custodia de internos fora dos establecementos penintenciarios, pero sen incrementar os efectivos policiais, como é o caso da Comisaria de Lugo.
Sinala ademais que ata o ano 2011 a Comisaria de Lugo contaba cun reforzo anual de 40 funcionarios en labores de prácticas e aula aberta, pero advirten “que desde o 2011 non houbo máis reforzos”.
Subliña que no ano 2012 o Club Deportivo Lugo de fútbol subiu a segunda división e ao Club Baloncesto Breogán xoga na liga LEB. Polo tanto a Comisaria de Lugo fixo fronte á seguridade de máis de 250 eventos deportivos, e só ano 2015 fixo fronte a 250 concentracións e manifestacións.
A día de hoxe a Comisaria de Lugo conta con oito funcionarios por quenda de traballo para facer fronte ás demandas dos cidadáns, 40 efectivos distribuídos en 5 turnos de traballo.
Ricardo Varela anunciou que rexistrará esta proposta no Senado
Pola súa bando o senador Ricardo Varela anunciou que tamén rexistrará esta proposta no Senado, e criticou duramente as políticas do PP en materia de seguridade ciudadana.
Dixo que non era casual que no Goberno de Aznar os efectivos de seguridade reducíronse en máis de 7.000 efectivos, e lembrou que co Goberno de Zapatero incrementáronse ata 17.000. “Con Rajoy como Presidente do Goberno volveuse a reducir os efectivos de seguridade pública , aumentado a contratación de seguridade privada, que sempre beneficia a empresas afíns ao PP”, remarcou. Varela lembrou que presentaron esta proposta tras reunirse co SUP, como xa fixeron con outras organizacións de seguridade.
Po último dixo “podemos falar de educación, sanidade, infraestruturas, alta velocidade, ou en materia de seguridade, o PP sempre esta castigando a provincia de Lugo”.