Site icon Crónica3.com A Mariña

Os veciños de Val de Alfoz poderán tomar posesión das novas fincas resultantes do proceso de reestruturación parcelaria

Santiago, 13 de abril de 2016.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores o aviso da Consellería do Medio Rural polo que se anuncia a toma de posesión provisional das fincas resultantes do proceso de reorganización da propiedade de Val de Alfoz, no concello lucense de Alfoz.

Este proceso de reestruturación parcelaria supón a reorganización da propiedade de 7.746 parcelas pertencentes a 1.786 propietarios. Dende o inicio da mesma, lévanse investido 4,9 millóns de euros que, na súa meirande parte, se destinaron á execución da rede de camiños principais.

Con este anuncio, dáse un paso máis no proceso reorganizativo e ponse en coñecemento dos veciños que poden comezar a usar as novas fincas. Deste xeito, a Xunta contribúe a modernizar as explotacións, a mellorar os accesos e facilitar os desprazamentos ás fincas, á vez que se aumenta o valor da base territorial.

A partir da toma de posesión das novas fincas, os adxudicatarios van poder reclamar ante a Xefatura Territorial de Medio Rural en Lugo, no prazo de 60 días, no caso de que existan diferenzas superiores ao 2% entre a cabida real das novas fincas e a que conste no expediente de concentración.

Exit mobile version