Site icon Crónica3.com A Mariña

Pensamento e Sementeira programa un recital de poemas de Manuel María

O colectivo viveirés está a organizar un recital con poemas de Manuel María Fernández Teixeiro, escritor ao que este ano se lle dedica o día das Letras.

O acto, de formato semellante ao realizado hai dous anos con poemas de Rosalía de Castro, contará coa participación dunha ducia de persoas: X. M. Vázquez “Leman”, empresario da Hostelaría; Suso Fernández, concelleiro de Facenda, Alba Fernández Jimenez, de ASPANANE; Andrés Díaz practico de Porto en Celeiro; Patricia Álvarez, panadeira; Moncho Bermúdez, músico; Flor Chao do colectivo Fraga das Saímas; Teresa Penabad, presidenta da Coral ALBORADA; Adrián Ben, atleta; Xoel Eijo, estudante; Margaret Licklider, lectora de inglés e Cristina L. Felipe, xornalista.

No acto que será de entrada libre até completar o aforo do salón do Conservatorio Profesional de Música de Música proxectaranse tamén vídeos e pecharase coa actuación musical dun Coro que estreará unha peza musicada do poeta da Terra Cha.

Exit mobile version