Site icon Crónica3.com A Mariña

Proxección e charla-coloquio do documental ‘Fíos Fóra’

As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60 foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. O documental ‘Fíos Fóra’, de Illa Bufarda para Amarante Setem, fai un novelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. A historia repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema. O venres 15 de abril preséntase no Teatro de Ribadeo seguido dunha charla-coloquio coas protagonistas para coñecermos un pouco máis sobre a produción e sobre a motivación de ‘Fíos Fóra’.

Exit mobile version