Site icon Crónica3.com A Mariña

Recta final do I Mes da Maxia de AMAM

18 de abril de 2016.- AMAM (Asociación de Mag@s Afeccionad@s da Mariña) chega con alegría e ilusión a esta última semana do 1º MES da MAXIA. Despois de pasar por Burela, Ribadeo e Mondoñedo, esta última semana a maxia desembarcará en Viveiro, e farao xa dende o Xoves, onde os magos de AMAM achegarán os seus xogos máxicos ás alumnas e alumnos do Colexio de Galdo. O Venres será a quenda do Colexio de Covas para que así as e os rapaces podan desfrutar dunha semana especial e ilusionante.

Logo chega a fin de semana coa última oportunidade de ver o gran espectáculo de Pedro Volta: Ilusionante, un show familiar, con grandes efectos, maxia teatral e unha montaxe de luz e son de primeira liña, un auténtico espectáculo que se poderá ver en Viveiro, no Teatro Pastor Díaz, ás 20:30h. Si, tivemos problemas de axenda, e finalmente o que estaba programado, as dúas funcións do sábado 23 (17:00-19:30) quedarán nunha soa funcións ás 20:30h. Iremos recordando ao longo da semana este cambio, xa que quedan poucos días, e cos erros que houbo, xa que é a primeira vez que organizamos algo parecido, esperamos quede clara a hora e data desta última oportunidade de ver un gran espectáculo sen ser nunha cidade. Por iso intentaremos recalcalo e que quede claro o cambio de hora durante esta semana. Agradecemos difusión.

Este último espectáculo de PEDRO VOLTA na MARIÑA será unha boa ocasión para desfrutar dun espectáculo que normalmente só se poder ver en grandes cidades aquí, na nosa comarca. Ademáis estreará unha nova ilusión que iguala aos máis grandes magos do mundo, e despois de actuar en Madrid, fará este último show en Viveiro, con escapismos, explosións, levitacións, atravesar estruturas sólidas e levarnos a un mundo máxico que nos levará ata o máis bonito da nosa infancia.

Finalmente o Domingo 24, os magos de AMAM farán actuacións nas rúas de Viveiro, ao aire libre, ás 18:00 e 19:30 para rematar con este primeiro Mes da Maxia de AMAM

Así pois, a programación para esta última semana queda:

– Xoves 21: Visita de AMAM ao colexio CEIP plurilingüe Santa Rita de Galdo
– Venres 22: Visita de AMAM ao colexio CEIP de Covas
– Sábado 23: gala unipersoal PEDRO VOLTA co espectáculo Ilusionante (20:30h Teatro Pastor Díaz) entrada única 5 euros
– Domingo 24: AMAM nas rúaz da zona Vella de Viveiro(18:00 e 19:30H)

Con esta semana remata o 1º Mes da Maxia de AMAM que a falla desta semana, semella que o resultado é inmellorable e que para o ano será máis grande e máis máxico, achegandose a outros concellos da Mariña.

Exit mobile version