Site icon Crónica3.com A Mariña

Resultados de Iadovi no Trofeo Federacion Galega -Xunta de Galicia de tiro con arco en aire libre

IMG-20160416-WA0009San Cibrao, 17 de abril de 2016.- O sábado celebrábase en Redondela (Pontevedra) unha nova edición do Trofeo Federación Galega-Xunta de Galicia de tiro con arco en aire libre para todas as modalidades e categorías. O Club Iadovi foi representado en arco recurvo por Gabriel Galante Briones, o cal subía ao pódium outra vez, tras un refacho de malos resultados. Vencido en principio o medo escénico, avantaxaba ao resto de porteiros da categoría Cadete, colocándose na primeira serie clasificatoria en primeiro lugar con 309 puntos sobre un máximo de 360. Á distancia de 60 metros e cunha choiva que castigou duramente aos arqueiros durante toda a xornada. Na segunda serie volvía facerse valer superando a súa anterior puntuación e logrando os 320 puntos; para finalizar primeiro cun total de 629 puntos.

O seu compañeiro Francisco Botelho Melo facíase coa cuarta praza tras situarse terceiro ao finalizar a primeira serie (225 puntos), sendo felicitado pola súa forma de tirar polo actual Tecnificador Galego, Manuel Buitrón. Comezaba a segunda serie tras o descanso, con malas sensacións no seu tiro, e unha serie de malas execucións fan que baixe o seu rendemento con tan só 159 puntos. Finaliza a súa actuación en cuarta posición con 384 puntos.
Na categoría Infantil Ángel Galante Briones impoñíase con 477 puntos, proclamándose campión do Trofeo. Do mesmo xeito que o seu irmán tras finalizar a primeira serie avantaxaba aos seus rivais con 237 puntos na distancia de 50 metros; e tras o descanso superábase a si mesmo na distancia de 30 metros, logrando os 240 puntos. O total de 477 puntos alzáballe ao mais alto do pódium.

Pola tarde disputaban o trofeo os maiores; a representante feminina en arco recurvo, Ana María Briones Montes, colocábase no primeiro posto da primeira serie tras obter 255 puntos. Tras o descanso rompe a súa concentración e con iso as puntuacións resíntense chegando aos 189 puntos. Así con 444 puntos logra a terceira posición.

Exit mobile version