Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo é candidato a converterse no pobo costeiro con máis encanto de España

ribadeoRibadeo, 12 de abril 2016. Ribadeo figura entre os candidatos a converterse na localidade costeira con máis encanto de todo o estado.

A iniciativa, que leva a cabo o portal de reservas on line Hotel Info, busca o pobo costeiro con máis encanto de España entre as 27 localidades seleccionadas de hasta 35.000 habitantes. Os organizadores salientan que “cada unha das nomeadas conta cunha salientable oferta turística e cultural”. Hotel Info é un dos coñecidos portais de reservas on line líderes en Europa.

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, manifesta que “estamos encantados por ter sido seleccionados e agora animamos a todos e a todas a votar polo noso pobo”.

A votación levase a cabo desde hoxe mesmo, día 12 de abril, ata o 3 de maio na páxina oficial do proxecto http://www.hotel.info/es/citymoments/puebloscosteros/.

Xunto ao concello de Ribadeo está seleccionado tamén o coruñés de Ortigueira, e terán que competir con outras 25 localidades de toda a costa española. O reconto e análise dos votos terá lugar o día 4 de maio e os tres pobos con maior número de votos recibirán o premio Top Ciudad 2016 outorgado por Hotel Info. Ademais os votantes que participen entrarán no sorteo de cinco vales regalo de Hotel Info por valor de 100 euros cada un.

Exit mobile version