1º) A rúa Huerta de Insua, situada no barrio de Lavandeiras da parroquia de Celeiro, con menos de 100 metros lineais aproximadamente e que ten acceso ós edificios nº 73A e 73B, así como acceso a fincas e peches colindantes – que según algúns veciños desta rúa desde fai anos é de servizo e paso público- non está en boas condicións presentando unha tapa arqueta de cemento rota por unha esquina e da que nalgunhas ocasións saen ratas. Por outra banda o pavimento de cemento está bastante deteriorado e non hai suficientes sumidoiros e recollida de augas pluviais nesta rúa. Por estes motivos ROGAMOS á Sra. Alcaldesa que se teña en conta a reparación da mencionada rúa en futuras obras a maior brevidade posible.
2º) O grupo municipal do PP levase interesando en distintos plenos pola situación de diversos viais e estradas do noso Concello – sexan ou non de competencia municipal- principalmente pola seguridad vial tanto de vehículos como dos peatóns. Por esta razón nos preocupa o cruce na extrada LU-540 Viveiro – Cabreiros no lugar da Ponte en Landrove. Cabe recordar que no ano 2005 no goberno bipartito local e autonómico se ideou coa xefatura de estradas provincial de Lugo a construcción dunha rotonda neste punto, xa que se consideraba de vital importancia para a seguridade vial e peatonal. Dita idea, coma outra moitas, quedou en nada. Aínda que o noso grupo demande a construcción de dita rotonda –levábamos esta proposta no noso programa das municipais do 2015 – como a solución máis axeitada, pensamos que hai que facer algo neste punto, non descartando momentáneamente – mentres non se acometa a rotonda – outra opción como podería ser un carril central nesta zona, que regularía o trafico dirección Viveiro–Cabreiros e Landrove–Valadouro, asi como dirección as parroquias de Chavin, San Pedro e Valcarria e que ademáis melloraria a aglomeración de vehículos con motivo do Naseiro. Por todo esto lle ROGAMOS á Sra Alcaldesa que os técnicos do Concello e da xefatura provincial de estradas da Xunta busquen e acometan unha solución para este cruce que consideramos moi perigoso tanto para os vehículos como para os peóns.
3º) No Pleno do 4 de novembro de 2015 aprobouse, por unanimidade, unha moción deste grupo municipal para a reparación do paseo marítimo Sacido–Seiramar de Covas, en donde un dos puntos aprobados foi dar solución ós problemas de alumeado e luminarias en mal estado. Como queira que a día de hoxe seis meses despois, segue igual e non se repararon e polo que lle ROGAMOS á Sra. Alcaldesa que se proceda tanto a reparación do alumeado tal e como se aprobou na nosa moción, e se execute a limpieza das follas caídas das árbores que en días pasados provocaron a caída dunha viandante en dito paseo.
4º) Existen algúns terrazos na beirarrúa de Suasbarras nº 16 na parroquia de Covas – fronte á panadería – que resultan perigosas para os viandantes, motivo polo que lle ROGAMOS ó Equipo de Goberno que realice os traballos necesarios para a súa reparacion o antes posible, evitando asi riscos innecesarios .