Site icon Crónica3.com A Mariña

San Cibrao recibe o 1 de maio a preto de 600 persoas no XXXIII Día do Xubilado

Cervo, 23 de abril de 2016. Os actos da XXXIII do Día do Xubilado, que organiza o Concello de Cervo, contarán con 600 participantes. As actividades desenvolveranse o día 1 de maio, domingo, en San Cibrao.

A concelleira de Servizos Sociais, Pilar Armada, anunciou que “as 600 persoas anotadas poderán participar nos seguintes actos: ás 13:15 horas haberá unha misa no pavillón municipal, cantada pola coral Terra Mar; ás 14:30 empezará a sesión vermú amenizada por un grupo musical, que terá lugar na Praza dos Campos, onde está instalada unha carpa para o xantar, que se celebrará ás 15 horas. Despois haberá actividades como a elección do solteiro e a solteira de ouro, sorteo de agasallos e baile”.

Para os participantes no evento haberá servizo de autobús, que os irá recollendo a partir das 12.15 horas nas respectivas paradas que indicaron cando se anotaron para asistir ao XXXIII Día do Xubilado.

Exit mobile version