Cando a paixón, o coñecemento e a experiencia se unen, o resultado é sempre único. Iso é exactamente o que sucede cando baila Isaías Salazar e lle acompañan Miguel Flores á guitarra e Sandra Calderón ao cante.
Estes tres artistas levan ao puñbico de viaxe por un mundo de ritmo, movemento e beleza tan espontáneo coma fácil de apreciar por calquera tipo de público. Neste espectáculo, baile, cante e guitarra únense como elementos esenciais do flamenco máis honesto e apaixoado, expresaándose na dualidade entre a tradición e a vangarda desta arte.
Isaías Salazar (Ferrol): Xa de pequeno era chamado para bailar nas festas, chegando a compartir escenario con artistas como Duquende. A súa paixón é o flamenco e bebe das fontes máis clásicas desta arte, seguindo a escola dos Farruco.
Sandra Calderón (A Coruña): O seu afán por ampliar a sua formación levouna a recibir clases na High School Music and Drama de Londres. Neste espectáculo Sandra Calderón investiga os cantes más ortodoxos, deixando sempre un oco para agasallarnos con grandes éitos do flamenco.
Miguel Flores (Cádiz): Implicado en múltiples proxectos, aporta a súa propia visió da guitarra flamenca contemporánea, con pasaxes de guitarra solista do seu primero repertorio Belyounech.