Site icon Crónica3.com A Mariña

Sara Fernández, gañadora do concurso de celebración do Día da Muller 2016

dia-muller-fozFoz, 23 de abril de 2016. A gañadora do concurso convocado polo Concello de Foz para celebrar o Día da Muller 2016 no pasado mes de marzo, coa denominación O que nunca che dixen, foi Sara Fernández Otero. Recibiu o premio de 100 euros en vales de compra, que lle foi entregado pola concelleira da Muller, Mercedes González Alonso, e polo presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos (ACIA) e do Centro Comercial Aberto (CCA) de Foz, José Carlos Paleo López.

A premiada poderá utilizar o vale de 100 euros nos diferentes establecementos que forman para da ACIA-CCA focense.

Exit mobile version