Site icon Crónica3.com A Mariña

Son Viveiro organiza un acto de celebración do 85 aniversario da II República

O Grupo Municipal SON VIVEIRO convida a toda a cidadanía ao acto conmemorativo do 85º aniversario da proclamación da Segunda República Española que terá lugar este venres 15 de abril ás 20.00 horas no salón multiusos da Casa do Concello viveirese.

Proxectarase o documental O meu nome é Luís “Ferreiro”, unha reflexión sobre as motivacións do compromiso político e as razóns que levan a un sector da poboación a asumir todo tipo de riscos para conseguir unha sociedade máis libre e xusta.

Estarán presentes tanto o director do filme, Roi Rodríguez Cagiao, como o seu protagonista e militante comunista durante o franquismo, Luís González “Ferreiro”.

Exit mobile version