Site icon Crónica3.com A Mariña

Técnicos da Xunta ofrecerán en Vilaronte e Cangas charlas sobre medidas para evitar a propagación da polilla guatemalteca da pataca

Foz, 15 de abril de 2016. O Concello de Foz organiza dúas charlas a cargo de técnicos da Xunta de Galicia sobre medidas para evitar a propagación da polilla guatemalteca que afecta ás plantacións de patacas. Serán o vindeiro martes, día 19, no teleclub da parroquia de Vilaronte ás 10.30 horas e no centro social de Cangas ás 12.00 horas.

As charlas, que están dirixidas a produtores de patacas, levan por título A praga da polilla guatemalteca da pataca (Tecia solanivora): Descrición e medidas para evitar a súa propagación. Serán impartidas polos xefes de sección de Sanidade e Produción Vexetal da Xunta de Galicia Víctor Álvarez Arias e María Dolores Vila Corbeira.

Exit mobile version