
Ata 26 membros da Asociación de Sendeirismo “Terras de Lourenzá” desprazáronse este sábado 23 de abril ata Cangas do Morrazo, en Pontevedra, onde realizaron a “Ruta do Monte Facho”, una Senda Azul de 12,5 kms. Durante a camiñata tiveron oportunidade de desfrutar das paisaxes da costa pontevedresa, coas Illas Cíes no horizonte. Como inicio da ruta, ascenderon ao Monte Facho, onde viron os restos castrexos (poboado e aras) e romanos (una torre-faro de vixiancia) que alberga o cumio. E una vez descenderon, iniciaron na “Caracola” (escultura de aceiro dun artista moañés) o percorrido circular que os levou dende Donón polos faros (de Cabo Home, de Punta Robaleira e Punta Subrido…) e praias (de Melide e Barra) que bordean a costa, para rematar en Donón, xa que a senda é circular.