Site icon Crónica3.com A Mariña

Terras de Lourenzá prepara a Ruta do Monte Facho

A Asociación de Sendeirismo “Terras de Lourenzá” viaxará a Cangas do Morrazo para realizar a Ruta do Monte Facho na ruta correspondente ao mes de abril. A andaina, cun percorrido circular de 12,5 kms e dificultade media, desenvolverase o sábado 23 da abril con saída prevista dende Lourenzá ás 07.30 horas. O prezo da actividade é de 25 euros para os socios e 30 para os non socios incluíndo autobús e comida nun restaurante da zona. O prazo para anotarse remata o xoves 21 de abril a través dos números de teléfono: 636 49 64 48 (Fe) ou 669 68 59 02 (Sandra) ou do enderezo electrónico da asociación: terrasdelourenza@gmail.com.

Exit mobile version