Site icon Crónica3.com A Mariña

Tino García preguntará no Pleno de Viveiro polo alumeado da rotonda de Landrove, a situación do matadoiro municipal e a titularidade dunha parcela en Area

Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Sra. alcaldesa da Corporación, as seguintes PREGUNTAS sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.

1ª) A pesares do tempo transcurrido dende que rematou a obra e posta en servizo da rotonda de Landrove, situada no barrio do Cristo e que da acceso por estrada ó polígono industrial, o barrio de Gistilán e a parroquia de Galdo, o alumeado público que se fixo con estas obras brilla pola súa ausencia. Esta carencia provoca unha gran inseguridade vial nesta zona, tanto para os vehículos como para os peóns, así como na propia rotonda situada na estrada LU-540 , Viveiro – Cabreiros .
Por este motivo lle PREGUNTAMOS á Sra. Alcaldesa:

a )Ten coñecemento o Goberno Local da falta de alumeado público nesta rotonda e nos accesos mencionados?
b) É competencia do goberno local solicitar o servicio eléctrico e costear o consumo deste alumeado público?
c) En caso afirmativo, para cando está previsto a súa posta en funcionamento?

2ª ) No Pleno do 28 de Xullo de 2014 aprobouse por unanimidade o expediente de contratación e explotación do matadoiro municipal situado en Galdo, así como o inicio da prestación o 1 de outubro do mesmo ano. Como a día de hoxe este grupo municipal descoñece si se está cumprindo o Contrato administrativo de xestión firmado pola empresa concesionaria co Concello, en apartados como son as obras a realizar en dito matadoiro no prazo máximo de 5 anos. Por este motivo lle PREGUNTAMOS á Sra Alcaldesa .

a) Estanse cumprindo a día de hoxe os compromisos e acordos da empresa concesionaria do matadeiro municipal co Concello, sobre todo no tocante as obras a realizar?

3ª) No Pleno do 29 de novembro de 2012 o grupo municipal do PP fixo unhas preguntas á Alcaldía relacionadas cunha finca referencia catastral nº 27067A004000370000XD (polígono 004 parcela 00037, paraxe Abelleira, Area ), finca que correspondía cunha propiedade municipal e que tal e como parecía, uns particulares estaban intentando apropiarse da mesma.

En dito pleno a Alcaldía, entre outras respostas, dixo que se interpuxera recurso de reposición ante o Catastro para poñelo a nome do Concello, sendo desestimado dito recurso polo catastro. Sinalaba tamén que en maio dese ano se remitiría ó Departamento de Servicios Xurídicos para remisión os avogados co fin de interpoñer acción reivindicatoria .

Por todo isto lle PREGUNTAMOS á Sra Alcaldesa.
a) Se en maio do 2012 se remitiu ós avogados para interpoñer acción reivindicativa , cal foi a resposta a esta acción?
b) En que situación administrativa e xurídica se encontra esta finca na actualidade?

Exit mobile version