Site icon Crónica3.com A Mariña

Tres metais para o Atletismo Lourenzá no galego de milla en ruta

sada

Os membros do Club Atletismo Lourenzá participaban este domingo 10 de abril no Campionato galego de milla en ruta, en Sada. Marcos, Marisa e Loli volvían con tres medallas: dúas de prata e un ouro. MARCOS proclamábase subcampión galego da súa categoría (35-40); LOLI tamén conseguía o segundo posto da súa categoría e MARISA conseguía o primeiro posto da súa categoría (veterana A) na carreira popular organizada paralelamente ao campionato.

Así, Marcos, Marisa e as súas dúas fillas AINARA (infantil) e IRIA (benxamín) conseguen 4 medallas desta milla en ruta: ouro, prata e bronce do campionato para Iria, Marcos e Ainara, respectivamente; e ouro para Marisa na carreira popular.

bujanE Óscar Buján, conseguía novo triunfo no V Cross de “Muniellos” (9 km) e Martín Álvarez Espinar era prata.

Exit mobile version