O presidente de APAGA, Álvaro Doural, explicou que “o programa da actividade inclúe visitas a varios centros educativos, empresas e entidades locais. Tamén van ver institucións que se dedican á formación informal e á atención de alumnos con problemas educativos dentro da Formación Profesional. Ademais irán ao departamento de emprendemento do Concello de Kuressaare e manterán encontros con profesores de diversos centros educativos. O obxectivo é iniciar proxectos de colaboración para a mobilidade de alumnos e profesores”.
Esta saída forma parte do programa Conocimiento e innovación en la Formación Profesional, no que participa Apaga e que ten previstas viaxes a outros países ao longo das vindeiras semanas.