Site icon Crónica3.com A Mariña

Un ferido nunha saída de vía en Viveiro

Unha persoa resultou ferida este domingo ao sufrir unha saída de vía no concello de Viveiro. O accidente rexistrouse na estrada que une Viveiro coa parroquia de Galdo, á altura do lugar da Cabana.

Un particular alertou do sinistro ao CAE 112 Galicia ás 12.00 horas solicitando asistencia sanitaria para a persoa ferida. O persoal do 112 Galicia estableceu comunicación con Urxencias Médicas para informar dos feitos. Os efectivos sanitarios enviaron ao punto unha ambulancia para asistir á persoa. Nun primeiro momento decidiuse mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago, o H3, aínda que finalmente non foi precisa a súa intervención.

Ademais, os profesionais do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Viveiro, do Grumir da localidade e da Garda Civil de Tráfico.

Exit mobile version