Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha colisión múltiple en Xove sáldase co traslado dun bebé

Unha colisión entre tres coches no concello lucense de Xove rematou co traslado dun bebé a un centro sanitario.

O sinistro produciuse na avenida da Deputación. Un particular contactou co 112 Galicia ás 16.30 horas desta tarde para alertar do accidente múltiple. Os profesionais do CAE 112 Galicia informaron dos feitos aos Bombeiros de Viveiro, a Urxencias Médicas, ao GES de Cervo, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Os efectivos sanitarios mobilizaron ata o lugar unha ambulancia para atender ao bebé. Finalmente, o pequeno foi trasladado por precaución. Na zona na que aconteceu o accidente rexistráronse retencións de tráfico durante a tarde.

Exit mobile version