Site icon Crónica3.com A Mariña

Val resposta a Balseiro sobre o Plan Estratéxico da Conserva e acúsao de mentir aos cidadáns da Mariña

29 de abril de 2016.- José Ramón Val resposta a Balseiro e acúsao de mentir aos cidadáns da Mariña e de ser un inconsciente político por non saber nin tan sequera o que implica a iniciativa que defendeu no Parlamento sobre o Plan Estratéxico da Conserva.

No transcurso do debate da iniciativa parlamentaria quedou claro que o único que pretende o deputado Balseiro ademáis de promocionarse, é plegar aos intereses que defende a gran patronal da conserva en Galicia, que non son outros que a precarización e reducción do emprego nas súas plantas sempre cos ollos postos na reducción de custos laborais para aumentar o beneficio empresarial.

A patronal da conserva fala claro e o que pretende é que a maior inversión do plan estratéxico sexa para a robotización das fábricas o que sen dúbida vai a repercutir na perda de emprego.

O maior exemplo diso o temos na Mariña na planta de Conservas Alonso onde se pretende eliminar unha planta rentable economicamente en Celeiro para centralizar a producción noutra planta completamente robotizada en Bueu, está claro que nin a Balseiro nin ao Partido Popular lle preocupan os traballadores da conserva, o único que os mantén preocupados é contentar a gran patronal conserveira.

O deputado socialista Val Alonso deixou claro que o PSdeG vai a estar sempre do lado dos traballadores e recordoulle a Balseiro que non chega con amosar apoio aos afectados xa que o Partido Popular é quen ten responsabilidades de Goberno, e a quen lle corresponde polo tanto ofrecer unha solución.

Ó mesmo tempo Val lembrou que o vindeiro martes día 3 levará unha iniciativa parlamentaría á Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento para que o Goberno rinda contas das xestións realizadas para garantir os 41 empregos da planta Mariñana.

Exit mobile version