Site icon Crónica3.com A Mariña

5ª etapa do Camiño Norte para os sendeiristas de Burela e Lourenzá

pasada-louOs sendeiristas de Terras de Lourenzá e de Pasada das Cabras de Burela continúan facendo O Camiño Norte. Este sábado cubriron a 5ª etapa de aproximadamente 16 km e que transcorre entre as poboacións de*Martiñán e Ponte Rodríguez. Un tramo precioso pola cantidade de carballos e a ausencia de eucalipto e a presenza de numerosos cabozos e cruceiros. Tamén é de destacar o paseo fluvial, perfectamente coidado, do río Trimaz. A camiñada, na que participamos 70 sendeiristas, transcorreu entre nubes e claros pero con ausencia de choiva. Á volta, repuxeron forzas no restaurante Montero de Mondoñedo. A próxima etapa será o 11 de xuño e transcorrerá entre a poboacións de Ponte Rodríguez e Baamonde.

Exit mobile version