Site icon Crónica3.com A Mariña

Coñecendo o patrimonio artístico da Mariña coa UNED Sénior

sanmartinoContinuando coas actividades formativas que se enmarcan no curso Introdución ao Patrimonio Cultural Galego, o mércores 18 de maio os alumnos senior da Aula de Viveiro da UNED acompañados do profesor José Manuel Vázquez Lijó percorreron con visita guiada a igrexa de San Martiño de Mondoñedo, máxima xoia do chamado prerrománico galego. Tamén no concello de Foz, visitaron o xacemento castrexo de Fazouro. Pola tarde achegáronse ao Museo Histórico de Sargadelos en Cervo para da man de Elisa Pérez para coñecer in situ un conxunto histórico artístico singular, exemplo senlleiro do noso patrimonio industrial.

Exit mobile version