Site icon Crónica3.com A Mariña

A agrupación socialista de Ribadeo organiza unha conferencia no Día contra a Homofobia

A Agrupación Socialista de Ribadeo ten o pracer de convidarvos a celebrar o día internacional contra a homofobia, transfobia e bifobia, o vindeiro 17 de maio.

No noso partido sabemos ben das dificultades que ten este colectivo para acadar a igualdade de dereitos e temos sido exemplo de acompañamento e defensa do mesmo durante todos os períodos de mandato socialista, acadando o noso maior éxito ata o día de hoxe coa aprobación da Lei do Matrimonio Igualitario o 3 de xullo de 2005.

Pero, por desgraza, non está todo feito. É necesario seguir traballando para que todos e todas, con independencia do sexo, orientación sexual, identidade de xénero, ideoloxías, e un largo etcétera de condicións persoais, sexamos iguales non só perante a lei senón tamén no noso día a día. Por iso, faise necesario visibilizar, normalizar e integrar dunha forma plena ás persoas que conforman o colectivo LGTBI, acompañándoas, defendendo os seus dereitos e esixindo o debido respecto á súa dignidade e á súa integridade.

O Grupo Municipal Socialista de Ribadeo ven de presentar unha moción no noso concello que ten sido aprobada por unanimidade e que recolle un acordo con diferentes puntos a desenrolar para conseguir unha integración plena e real do colectivo na nosa sociedade.

Un dos puntos do acordo presentado na moción facía referencia á celebración do día internacional contra a homofobia, a bifobia e a transfobia, que se celebra como temos dito, o 17 de maio. Este punto foi rexeitado polo goberno municipal por coincidir a data coa celebración do día das letras galegas.

Nós entendemos que ningunha destas dúas celebracións é excluínte pero, ademais, consideramos necesario empezar a traballar xa na nosa comarca onde, sen ter habido casos de violencia contra este colectivo, tampouco se ten feito nada por el.

Por iso, temos organizada unha xornada que cremos de moito interese e na que contaremos con dous excelentes conferenciantes: Gonzalo Diz, activista e membro da Asociación LGTBI 7Cores Compostela, e Mariano Beltrán, psicólogo e activista, que nos falarán da importancia do activismo como motor do cambio social e dos prexuízos e estereotipos que afectan ó colectivo e cómo se poden combater.

As conferencias terán lugar ás doce da mañá no Cine Teatro de Ribadeo están dirixidas a todas aquellas persoas que teñan o interese e a vontade de aprender e compartir inquedanzas para convertir a nosa sociedade nunha sociedade consciente e respectuosa ca diversidade.

Exit mobile version