Site icon Crónica3.com A Mariña

A Área de Cultura da Deputación de Lugo lanza un programa para levar a artesanía a todas as comarcas lucenses

3bbf9333-e974-4e50-b7d9-7aad490aabccLugo, 27 de maio do 2016.- O Delegado de Cultura da Deputación de Lugo, o nacionalista Xosé Ferreiro, informou este venres da aprovación na Xunta de Goberno do organismo das bases que rexerán o programa “Artesanía en curso”, unha nova proposta lanzada pola Área de Cultura a través do CENTRAD, que agora xestionan os nacionalistas.

Ferreiro explicou que este programa “quere achegar e dar a coñecer a artesanía lucense en toda a provincia, facilitando que Concellos e Asociacións poidan contar con obradoiros, cursos ou demostracións nos eventos que programen” dixo. Son múltiples e variadas as actividades que contempla “Artesanía en curso”, que abranguen moi diversas disciplinas, desde a olería, pasando pola cestería, o coiro, a madeira ata a fabricación de instrumentos da música tradicional galega.

Tal e como informan desde a Área de Cultura, “Artesanía en curso” sairá publicado no BOP na vindeira semana, a partir da súa publicación todas as asociacións culturais e os Concellos da provincia contarán cun prazo de 20 días hábiles para solicitar as actividades orfertadas neste programa. As actividades contempladas concederanse por estrita orde de rexistro.

Exit mobile version