Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación A Ribeira de Foz manifesta que é unha boa nova a instalación duns tramos novos de barandilla no porto

IMG_20160502_145355Foz, 2 de maio de 2016.- A Asociación A Ribeira de Foz considera “unha boa nova” a instalación de uns tramos novos de barandilla no peirao do porto. Un destes tramos ten unha rexa a modo de rodapies que servira para mitigar un pouco a caída de lixo dentro do peirao procedente do mercado dos martes.

Manifestan desde a Asociación: “Sabemos que non e unha solución definitiva pero algo axudara. A solución definitiva para non contaminar con plásticos a nosa ría pasa polo civismo e concienciación da xente para que non tire lixo o chan, algo que aínda que pareza sinxelo faise o mais complicado do mundo, a educación da xente…

Outro tramo de barandilla servira para eliminar un risco actual de caída dende o bordo portuario, xa que se instala nunha zona peonil da pasarela que carecía de esta protección e tiña un elevado risco, xa que nesta zona ademais hai una rampla de acceso para persoas con mobilidade reducida.

Dende a nosa asociación felicitamos os responsables de Portos por dar atención a esas vellas demandas”.

Exit mobile version