Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de Veciños do burgo de Trasbar celebra o seu 5º aniversario

comendo-camiñoTrasbar, 24 de maio de 2016.- A Asociación de veciños do Burgo de Trasbar vén de celebrar o seu 5º aniversario. Os actos tiveron lugar esta fin de semana, repartidos nos dous días.

O sábado realizaron unha camiñata dende o local social ata a área da ponte romana de Lieiro. O grupo de camiñantes saíu ás 10.30 h dende Trasbar e, logo de comer en Lieiro, volveron andando ata o punto de partida.

Á chegada, organizaron xogos populares, que resultaron moi divertidos. A veciñanza competiu aos bolos, carreiras de sacos, tiro da corda e remataron cubertos de fariña, resultado de romper as piñatas. Dende logo, foi unha xornada diferente e divertida.

O domingo tivo lugar un xantar. Ao remate, sopraron a vela e fixeron diversos sorteos de agasallos doados por diversas empresas e administracións. Tamén proxectaron un vídeo no que se resumían en imaxes estes cinco anos.

Unha vez máis, o resultado foi positivo. Unha grande participación e a veciñanza contenta. A Xunta Directiva quedou moi satisfeita de toda a fin de semana.

Moitas grazas a quen colaborou nestes cinco anos con nós. Agardamos poder continuar coa mesma ilusión e traballo durante moitos anos máis.

Exit mobile version