Site icon Crónica3.com A Mariña

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrece este sábado 7 de maio o concerto das Letras Galegas

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto das Letras Galegas o día 7 de maio, sábado, ás 20.30 horas no Teatro ribadense.

O director da formación, David Ballester, anunciou que, nesta actuación “a temática vai ser toda sobre música e compositores galegos e interpretaremos diferentes tipos de pezas, como xotas, muiñeiras, alboradas, pasodobres… Quero invitar a toda a xente que estea esa fin de semana en Ribadeo a que se achegue a gozar da música galega interpretada pola Banda Municipal de Música de Ribadeo, que tocará dúas das obras dese concerto por primeira vez”.

Maio vai ser un mes de moitísima actividade cultural na vila e cunha aposta decidida polas nosas letras. O tradicional concerto da BMMR resulta un magnífico punto de partida para nos achegar á nosa literatura e para desfrutar de magníficas interpretacións.

Exit mobile version