Site icon Crónica3.com A Mariña

A Casa da Cultura de Foz acollerá a proxección da película “Lobos sucios” este xoves día 5

Foz, 2 de maio de 2016.- A Casa da Cultura de Foz acollerá a proxección da película Lobos sucios este xoves, día 5, ás 20:30 horas. Está recomendada para maiores de 12 anos e o prezo da entrada é de 3 euros. É un acto organizado pola Delegación Municipal de Cultura.

Lobos sucios é unha coprodución hispano belga do ano 2015, ten unha duración de 105 minutos e está rodada en castelán. É un thriller drama dirixido por Philippe de Chauveron e inspirado libremente en feitos, historias e personaxes reais. É unha historia de supervivencia, espionaxe e amor situada nunha contorna máxica de Galicia, concretamente nunha aldea da provincia de Ourense, en 1944.

Exit mobile version