Site icon Crónica3.com A Mariña

A delegación da AECC en Foz agradece a colaboración na campaña “Céntimo solidario”

Finalizada a campaña “Céntimo Solidario” levada a cabo por o Centro Comercial Aberto/Acia de Foz, dende a Delegación Local da Asociación Española Contra o Cancro queren agradecer ao seu presidente Xosé Carlos Paleo e a todo o colectivo de empresarios e veciños en xeral que solidariamente colaboraron neste evento.

“A día de hoxe estamos pendentes de coñecer o dato final do recadado e depositado na sucursal do Banco Santander, pero estamos seguros do éxito da campaña e sobre todo de que o comercio de Foz fixo un esforzo moi importante cuns fins que fan posible financiar a investigación, dar apoio psicolóxico, atención social e orientación sanitaria aos enfermos de cancro e aos seus familiares”.

“Por iso, queremos agradecer a todo o colectivo de empresarios de Foz e os veciños en xeral a súa participación nesta iniciativa que esperamos poder repetir os vindeiros anos”, segundo agarda Antonia García Frá. delegada local en Foz da AECC.

Exit mobile version