Dende a Asociación de Transporte de Mercancías da provincia de Lugo, Tradime, que conta con 250 asociados, demanda formación en condución eficiente, curso obrigatorio do CAP, e formación en prevención de riesgos laborais. Este sector sinala que o 70% dos seus asociados son autónomos, e que son propietarios dunha media de entre 1 e 3 camións por usuario.
E no que se refire a xuntanza coa Asociación de Confiterías piden colaboración para poñer en marcha programas formativos específicos. Remarcan que este sector ten moita complexidade polas quendas de traballo, pero sinalan que a día de hoxe ten moitas expectativas de crecemento.
Nove mesas sectoriais
O organismo provincial xa celebrou nove mesas sectoriais, pois mantivo encontros con membros da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo; coa Asociación Provincial de Empresarios da Construción (APEC); coa Fundación Laboral da Construción; coas Mulleres Empresarias da Provincia; con APREVAR, así como coa Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE). Durante esta mesma semana tamén mantivo encontros co sector da transformación madeira e coa Asociación de Fabricantes de Pan.
Nas vindeiras semanas continuarán as mesas sectoriais e os encontros con profesionais de toda a provincia. O Deputado Rivera Capón animou a todos os empresarios a facer as súas propostas, que tamén se poden trasladar directamente dende internet, en www.deputacionlugo.gal. En xuño, Deputación e EOI teñen previsto presentar a programación das accións formativas do LUGOWORK.
LUGOWORK
LUGOWORK ofrecerá formación gratuíta a un mínimo de 300 desempregados lucenses de entre 18 a 30 anos para a súa inserción laboral en empresas da provincia, que recibirán axudas de ata 4.200 euros para os custos salariais e da seguridade social dos novos traballadores; ou por conta allea, opción que fomenta o emprendemento e na que os mozos contarán con ata 3.000 euros para abrir os seus propios negocios.