Site icon Crónica3.com A Mariña

A entrega de premios do Concurso de Lemas e debuxo-pintura contra a eliminación da discriminación racial será o xoves en Burela

Burela, 15 de maio de 2016. O vindeiro xoves, 19 de maio, terá lugar a entrega dos premios aos gañadores dos Concursos de Lemas e de Debuxo-Pintura para a eliminación da discriminación racial. Será ás 12.00 horas na Casa do Concello.

O gañador do III Concurso de Lemas na categoría especial é Ser diferentes fainos únicos, de Miguel Crego Martínez, membro da Fundación Eu Son. E o gañador do III Concurso de Debuxo-Pintura na categoría especial é a asociación de axuda ao enfermo mental A Mariña.

A Concellería de Inmigración e Cooperación, organizadora desta convocatoria a través do Programa de Atención a Inmigrantes, felicita ás dúas entidades e agradécelles a súa participación nesta actividade.

Exit mobile version