Site icon Crónica3.com A Mariña

A fotógrafa oficial de “Proxecto Neo” de Radio Burela, finalista do Imaxiña por segunda vez

13103492_10154171442139096_7886307439847644854_nBurela, 1 de maio de 2016.- Lucía Rivas, ex-alumna do IES Perdouro e actualmente estudante no IES Monte Castelo, e fotógrafa oficial do programa intercultural “Proxecto Neo” de Radio Burela, foi un ano máis finalista no Certame Audiovisual Imaxiña. Neste caso acadou a clasificación por unha foto do faro de Punta Roncadoira, en Xove.

Lucía Rivas quere agradecer a todas as persoas que votaron pola súa foto, conseguindo un total de 268 votos, e tamén felicitar aos alumnos de 1º de BAC do IES Perdouro Tamara e Pablo, premiados no certame.

A obra fotográfica de Lucía pode ser contemplada nas páxinas de Facebook Proxecto Neo en Fotos e Lucía Rivas – Burela – Fotografía.

Exit mobile version