Site icon Crónica3.com A Mariña

A Fundación Expomar estivo presente en Navalia, a feira internacional da industria naval, que se celebrou en Vigo hai uns días

Burela, 30 de maio de 2016.- A Fundación Expomar estivo presente en Navalia, a feira internacional da industria naval que se celebrou en Vigo do 24 ao 26 de maio, segundo deu a coñecer este luns Alfredo Llano, alcalde burelés e presidenta da devandita fundación.

Llano dixo que “se trata dunha labor importante para Burela a realizada en Vigo ao longo deses días nos que se aproveitou para facer contactos de cara á Feira Expomar, que se celebrará o vindeiro ano no noso pobo. A nosa presenza na cidade olívica pasa por garantir unha boa feira en Burela, unha feira potente, con moita representación do sector naval, e que siga a ser un referente en todo o Cantábrico”.

Alcoa
Por outra banda, a xunta de voceiros do Concello elaborou xa a declaración institucional de apoio a Alcoa que asinarán e darán a coñecer na xornada deste martes, segundo anunciou este luns ao mediodía Alfredo Llano.

Leiceaga
O alcalde burelés amosouse tamén hoxe satisfeito pola elección de Xaquín Fernández Leiceaga, como candidato do PSdeG-PSOE á presidencia da Xunta de Galicia na primarias que se celebraron o sábado pasado. Llano dixo que “agora se nos presenta unha boa oportunidade para traballar todos xuntos na mesma dirección”.

Exit mobile version